7Xan 2022
O equipo móbil do DNI estará en Malpica o 24 de febreiro
Os interesados en renovar ou obter este documento poden anotarse xa no Concello
![](https://www.concellomalpica.com/wp-content/uploads/2022/01/270937689_4819551561401581_2386141532824363218_n-1024x849.jpg)
O equipo móbil do DNI visitará Malpica o 24 de febreiro. Será na casa consistorial, en horario de 9.00 a 12.00 horas. Os interesados en renovar ou obter este Documento Nacional de Identidade poden anotarse xa no Concello.