Visitas teatralizadas de balde para coñecer a historia da vida no Forno Do Forte.
![](https://www.concellomalpica.com/wp-content/uploads/2022/07/Malpica-751x1024.jpg)
El Concello de Malpica en colaboración coa Diputación da Coruña ofrecerá visitas teatralizadas gratuitas nas instalacións do Ecomuseo Forno do Forte durante os sábados 16 e 23 de xullo e os ´sabados 13 e 20 de agosto, en horario de 12.00 a 13.00 horas.
Yago Espasandín e Raquel Crespo, compoñentes de Alalá Teatro, actuarán representando unha obra baseada na vida tradicional oleira. Nárrase a reflexión de dous irmáns oleiros alá polos anos 40 do século pasado. Os irmáns, 5ª xeración de oleiros, o día antes da que creen será a súa última fornada reflexionan sobre o seu oficio como modo de vida.
Esta peza é un relato sobre as orixes, o pasado máis recente e o presente e futuro da relación dunha terra alimentada polo barro que, a través das personaxes nos fala da felicidade, as intimidades do ser humano e o camiño cara as nosas propias verdades. Isto vaise levar a cabo no Ecomuseo, nas vivendas dos oleiros, o que permitirá mergullarse na narración.
Onde nace o fume é un xeito de coñecer mellor a historia local permitindo aos visitantes introducirse na historia que conta a exposición e as vivendas do Forno do Forte por medio da teatralización.