Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 21°
17°
Sábado 21°
17°
Domingo 19°
16°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. A VII Carreira Pedestre de Malpica abre inscricións mañá, 19 de xullo

18Xul 2024

A VII Carreira Pedestre de Malpica abre inscricións mañá, 19 de xullo

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e a concelleira de Deportes, Noelia Freijeiro, presentaron esta mañá no salón de plenos do consistorio a VII edición da Carreira Popular Pedestre, que terá lugar o próximo 28 de setembro a partir das 18:00 horas. Este evento deportivo, que se consolida ano a ano como unha cita imprescindible no calendario deportivo da Costa da Morte, ofrecerá percorridos de 10 km e 2 km, ademais de diversas carreiras de base para os máis pequenos.

A partir de mañá, 19 de xullo, os interesados poderán formalizar a súa inscrición a través da plataforma Champion Chip Norte.
A carreira combina deporte e solidariedade, destinando os fondos recadados á Asociación Española Contra o Cancro. Ademais, a organización doará 1 € por cada inscrito a esta nobre causa.

Horarios e Categorías

  • 10 KM (2008 e anteriores)
  • Saída prevista: 28 set. 2024 ás 18:00
  • Distancia: 10.000 m
  • SUB12 (2013-2014), SUB14 (2011-2012), SUB16 (2009-2010)
  • Saída prevista: 28 set. 2024 ás 18:05
  • Distancia: 2.000 m
  • 2 KM (2008 e anteriores)
  • Saída prevista: 28 set. 2024 ás 18:05
  • Distancia: 2.000 m
  • SUB10 (2015-2016)
  • Saída prevista: 28 set. 2024 ás 19:30
  • Distancia: 740 m
  • PITUFOS (2017 e posteriores)
  • Saída prevista: 28 set. 2024 ás 19:40
  • Distancia: 100 m

O horario de apertura das mesas de recollida de dorsais será de 15:00 a 17:30 do día 28 de setembro na casa do Concello de Malpica. Os dorsais e chips poderanse recoller ata 30 minutos antes do inicio da proba de 10K. Ademais, habilitarase o pavillón polideportivo municipal para que todos os atletas poidan ducharse unha vez rematada a súa proba, estando aberto de 18:30 a 21:00.

Na seguinte ligazón podes descargar o reglamento https://ccnorte.com/uploads/eventos/reglamento-6697a95fb73fe6.13424709.pdf

Dende o Concello de Malpica animamos a todos os deportistas a participar nesta proba, contribuíndo a unha causa solidaria mentres gozan dunha xornada de deportiva.