Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 21°
18°
Mércores 21°
18°
Xoves 19°
17°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Festival Diversidarte 2024 Celebrando as Artes Inclusivas en Malpica

22Xul 2024

Festival Diversidarte 2024 Celebrando as Artes Inclusivas en Malpica

O próximo venres 26 de xullo, ás 20.00 horas, o Paseo Marítimo de Malpica acollerá o Festival Diversidarte 2024, un evento dedicado á celebración das artes inclusivas. O festival contará coa actuación da Banda de Percusión Diversidarte e unha exhibición de Danza Integrada a cargo de Ricardo Prado.

Este evento busca promover a inclusión e a diversidade a través de expresións artísticas variadas.Diversidarte 2024 está organizado pola Asociación Diversidar en colaboración co Concello de Malpica, co apoio financeiro da Deputación da Coruña e a Fundación “La Caixa”.

Ademais, conta coa colaboración da Xunta de Galicia.