- Este evento xa pasou.
“Cociña económica”, teatro con Mofa&Befa
13 Nov, 2015 • 8:30 p.m. » 9:45 p.m.
Evento Navegación
No marco da XI Mostra de Teatro de Malpica, Mofa e Befa poñen os seus mandís e métense na cociña a facer o que eles mellor saben: facer rir ao público. Dous xeitos de cociñar diferentes: o da cociña económica, onde non se aforra nada e onde se practica a liberalidade absoluta cos ingredientes, e o da cociña KaKofónica, onde postos a aforrar, aforran ata nas vocais das palabras coas que explican a receita.
Duración: 75 minutos
Xénero: Comedia
Público preferente: A partir de 14 anos