30Xuñ 2024
Entrega de Diplomas do Curso de Memoria en Buño
O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, entregou onte os diplomas correspondentes ao curso de memoria realizado en Buño. Durante o acto, o alcalde agradeceu a asistencia dos participantes e expresou o seu desexo de que esta formación sexa de gran utilidade para todas as persoas asistentes.
Á entrega de diplomas tamén asistiu Marisol Blanco, concelleira de Servizos Sociais.
![](https://www.concellomalpica.com/wp-content/uploads/2024/06/448970080_1011957307598003_8207023095473301717_n-1024x768.jpg)