Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 19°
16°
Mércores 20°
14°
Xoves 20°
15°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Adxudicada á empresa OBRAS RAMÓN COTELO a renovación da rúa A Vista en Seaia por 130.000 euros

12Xuñ 2024

Adxudicada á empresa OBRAS RAMÓN COTELO a renovación da rúa A Vista en Seaia por 130.000 euros

O Concello de Malpica adxudicou á empresa OBRAS RAMÓN COTELO, S.L. as obras de renovación do pavimento e servizos na rúa A Vista, cun importe de 130.000 euros.
A actuación, que se enmarca no Pos+ 2023, ten como obxectivo mellorar o estado actual da vía, tanto no que respecta ao pavimento como ás redes de saneamento e abastecemento de auga. As obras comezarán nos vindeiros días. Disculpade as molestias que estas actuacións poidan ocasionar.