Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 19°
16°
Mércores 20°
14°
Xoves 20°
15°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE

ACTUALIDADE

12Xul 2024

Malpica presenta a XIX edición do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

Hoxe, no Concello de Malpica, presentouse a XIX edición do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, un evento que continúa consolidándose como unha referencia na cultura galega. A presentación estivo a cargo de Emma Abella e Eduardo Parga, alcalde de Malpica. Á evento tamén asistiu a concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro, y Paco de Tano, presidente da Asociación Caldeirón.

A Asociación Cultural Caldeirón, en colaboración co Concello de Malpica de Bergantiños, convoca unha vez máis este certame poético, invitando a autores e autoras de calquera nacionalidade a participar con obras inéditas de temática erótica, escritas en lingua galega. Este certame, xa unha tradición no panorama literario, busca promover e celebrar a poesía erótica en galego.

O premio para esta XIX edición será de 1.500 euros e a publicación da obra gañadora na colección Illas Sisargas da Editorial Caldeirón, que contará cunha primeira edición de 400 exemplares. O autor ou autora premiada recibirá, ademais, 15 exemplares da súa obra.

Os interesados en participar deberán enviar os seus textos en formato PDF ao correo electrónico premio@caldeiron.org antes do 15 de setembro de 2024. O xurado, composto por tres persoas propostas polo Concello de Malpica, a A.C. Caldeirón e o gañador da edición anterior, dará a coñecer a súa decisión en novembro de 2024 durante a Cea das Letras.

Este certame reafirma a Malpica como un lugar de referencia para a cultura galega, destacando a importancia da poesía erótica na diversidade literaria de Galicia. Para máis información, os interesados poden visitar a páxina oficial do Concello de Malpica.

As bases do premio podes descargalas aquí:

10Xul 2024

Volven as visitas teatralizadas para coñecer a historia da vida no Forno do Forte

O Ecomuseo Forno do Forte de Malpica acolle un ano máis visitas teatralizadas baixo o título “Ao principio había barro”. Estas actividades están dirixidas a todos os públicos e son de balde, sen necesidade de inscrición previa.
As datas das visitas son:

Sábado, 13 de xullo ás 12:00h

Sábado, 27 de xullo ás 12:00h

Sábado, 17 de agosto ás 12:00h

Sábado, 31 de agosto ás 12:00h


Os participantes poderán gozar dunha experiencia única onde a historia e a tradición do Forno do Forte cobran vida a través da teatralización.
Sinopse:

A chegada dunha visitante (Lola) ao ecomuseo forno do forte vai romper coa tranquilidade do guía do museo (Carlos). Lola ven buscando respostas a todo canto ten escrito nun caderno, que segundo ela, levan escribindo dende o principio dos tempos os seus antepasados. A incredulidade de Carlos e as intencións de Lola, desembocarán nunha viaxe no tempo, grazas ás “propiedades máxicas” da boca do forno.
Desta vez, a visita teatralizada do ecomuseo forno do forte, convídanos a unha viaxe ao Buño primitivo, preto dos Barreiros, as orixes, pero tamén un chisco máis atrás, ao momento no que naceu a historia do barro e a humanidade.

A obra está escrita por Susana Crespo e conta coas interpretacións de Raquel Crespo no papel de Lola e Yago Espasandín como Carlos.

Esta iniciativa está organizada polo Concello de Malpica a través da súa Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

8Xul 2024

Malpica promove sesións gratuítas de “Ioga na Praia” este verán

O Concello de Malpica organiza “Ioga na Praia” este verán, unha actividade saudable que terá lugar na Praia de Area Maior á altura da caseta dos socorristas. As sesións, impartidas por Tania Lema, realizaranse os venres 12 e 19 de xullo, e os venres 9 e 16 de agosto, en horario de 10.00 a 11.00 horas. Unha actividade de gratuíta á que poden asistir todas as persoas que o desexen co único requisito é levar unha toalla para participar. 

8Xul 2024

Estas son as películas que poderás ver en Malpica este verán



O Concello de Malpica presentou a súa programación de cine  para este verán organizado pola Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña que inclúe unha selección de películas para todos os públicos.

A programación arrancará o vindeiro 12 de xullo ás 22:30 horas na Praza do Campo, en Malpica, coa proxección de “La Sirenita”.  Seguirá o 19 de xullo coa película “Bella e o circo máxico”, que se proxectará no Ecomuseo Forno do Forte, en Buño, tamén ás 22:30 horas.

O 26 de xullo, os amantes dos superhéroes terán unha cita coa proxección de “Spiderman. Cruzando el multiverso”, ás 22:30 horas na Praza do Campo, Malpica. Xa en agosto, o día 2 ás 22:00 horas, será a quenda de “Flash”, tamén na Praza do Campo, unha película chea de acción e velocidade.

O 9 de agosto, ás 22:00 horas, proxectarase “Salta” na Praza do Campo, para toda a familia. Finalmente, o ciclo pechará o 30 de agosto no Ecomuseo Forno do Forte, Buño, ás 22:00 horas, coa proxección de “El gato con botas. El último deseo”, unha aventura animada.

5Xul 2024

Malpica presenta o programa “Seráns na Vila” para o verán 2024

Actividades culturais e de lecer para todos os públicos

O Concello de Malpica anunciou hoxe o seu programa estival “Seráns na Vila”, que ofrece unha serie de actividades culturais e de entretemento durante os meses de xullo e agosto. O calendario de eventos inclúe actuacións musicais, representacións teatrais e actividades ao aire libre en diferentes localizacións, como a área recreativa de Río de Vaa e o Paseo da Praia. O obxectivo é ofrecer un espazo de encontro e diversión para todos os públicos.

Calendario de actividades:

  • 7 de xullo: Moby Dick de Pedras de Cartón (17:30) e ruta guiada polos muíños de Río de Vaa (18:30) na área recreativa de Río de Vaa.
  • 13 de xullo: Concerto de A Banda do Verán (20:00) no Paseo da Praia.
  • 27 de xullo: Rogelio la Fete e As Sirópatas (20:00) no Paseo da Praia.
  • 3 de agosto: Cabicicla de Pablísimo (20:00) no Paseo da Praia.
  • 10 de agosto: As Minas do Rei Salomón de Teatro Ghazafelhos (20:00) no Paseo da Praia.
  • 25 de agosto: Actuación da Banda de Música de Abegondo (17:00) polas rúas da vila.

O Concello de Malpica convida a todos a participar e gozar destas actividades de verán malpicán cheo de cultura e diversión.

2Xul 2024

O Concello de Malpica organiza paseos guiados con Suso Martínez

O Concello de Malpica realiza rutas guiadas pola localidade a cargo do historiador, actor e guía Suso Martínez. Baixo o lema “Historias lugrisianas, morfoloxías mariñeiras e lendas célticas”, Martínez ofrecerá fascinantes percorridos guiados por Malpica.

Datas e horarios das visitas:

  • 7 de xullo: 19:00 h
  • 12 de xullo: 19:00 h
  • 21 de xullo: 19:00 h
  • 28 de xullo: 12:00 h
  • 3 de agosto: 19:00 h
  • 11 de agosto: 19:00 h
  • 15 de agosto: 12:00 h
  • 25 de agosto: 20:00 h
  • 30 de agosto: 12:00 h

Punto de encontro: Oficina de Turismo de Malpica.

Para máis información e reservas, os interesados poden contactar a través do correo electrónico 📧 auxiliarmalpica@gmail.com ou chamando ao teléfono 📞 981 720 001.

Estas actividades, organizadas pola área de Turismo municipal, están deseñadas para proporcionar unha experiencia enriquecedora tanto a veciños como a visitantes, permitindo descubrir as fascinantes historias e lendas que conforman a identidade de Malpica.

26Xuñ 2024

Malpica de Bergantiños acollerá o Día da Bicicleta o 21 de xullo

O Concello de Malpica de Bergantiños ven de prensentar a celebración do Día da Bicicleta o próximo 21 de xullo de 2024, un evento que busca promover a actividade física a través do ciclismo. A saída está programada para as 10:45 horas desde o Campo de Fútbol de Pedra Queimada.

A ruta terá un percorrido de 11 quilómetros e é apta para todas as idades. As inscricións poderán realizarse no mesmo lugar da saída ata 15 minutos antes do comezo do evento.

Ademais, ao rematar o percorrido, o Concello realizará un sorteo de agasallos entre todos os participantes, engadindo un incentivo máis para animar á participación.

O Día da Bicicleta de Malpica promete ser unha xornada de diversión e deporte ao aire libre, fomentando hábitos de vida saudable entre os veciños e veciñas.

21Xuñ 2024

O Concello de Malpica lanza o Programa de Actividades de Verán 2024

O Concello de Malpica de Bergantiños, xunto coas asociacións, presentou o seu amplo e variado programa de actividades para o verán 2024, deseñado para todas as idades e intereses. O programa inclúe actividades culturais, deportivas e de lecer que se desenvolverán ao longo dos meses de xullo e agosto, promovendo a participación cidadá e o goce do tempo libre.

XULLO

Actividades Infantís

Do 1 ao 31 de xullo

V Campus de Verán 2024 UD Cerqueda: os laborais do 1 ao 31 de xullo, no Campo de Xaviña (Buño) , de 10.00 a 14.00. Para crianzas de 4 a 15 anos.

Servizo de madrugadores: de 9.00 a 10.00.

Inscricións por semanas.

Información e inscricións: 636 816 900  cdudcerqueda@gmail.com

Organiza: UD Cerqueda.

Do 1 de xullo ao 9 de agosto

Campamento de Verán: os laborais do 1 de xullo ao 9 de agosto, na Casa da Cultura de Seaia , de 9.00 a 14.00. Para crianzas de 4 a 12 anos.

Inscricións por quincenas.

Información e inscricións: 611 747 756

Organiza: ACD Carcaxía

            Do 15 ao 31 de xullo

Pintar na Rúa: os laborais do 15 ao 31 de xullo, na vila de Malpica, de 10.00 a 14.00. Para crianzas de 6 a 14 anos.

Grupos e horarios:

De 11 a 14 anos – 10.00 a 12.00.

De 6 a 10 anos – 12.00 a 14.00.

Prezo: 12,00 €.

Inscricións: Do 24 de xuño ao 10 de xullo.

Do 1 ao 31 de xullo

III Campamento de Verán ANPA Xaviña: os laborais do 1 ao 31 de xullo, nas Escolas Vellas , de 10.00 a 13.30.

Prezo:

Quincena: 60,00 € euros socios, 80,00 € non socios.

Mees: 100,00 € socios, 120,00 € non socios.

Información e inscricións: 686 700 766

Organiza: ANPA  Xaviña

              Do 2 ao 31 de xullo

Obradoiros de Barro/Talleres de Modelado, no Ecomuseo do Forno do Forte, de 16.30 a 18.30. De martes a sábado. Para crianzas de 3 a 12 anos, acompañadas de adultos. Sen inscrición previa, de balde.

Visitas Teatralizadas

              Sábados 13 e 27 de xullo

Visitas Teatralizadas no EcoMuseo do Forno do Forte: Ao Principio Había Barro con Raquel Crespo e Yago Espasandín, ás 12.00. Para todos os públicos. Sen inscrición previa, de balde.

Seráns na Vila (público familiar)

Domingo 7 de xullo, na área recreativa de Río de Vaa

A partir das 17.30 representación de Moby Dick  de Pedras de Cartón.

A partir das 18.30 Ruta Guiada polos muíños de Río de Vaa..

Sábado, 13 de xullo, no paseo da Praia

A partir das 20.00 a Banda do Verán en concerto,

Sábado 27 de xullo, no paseo da Praia.

A partir das 20.00, representación de Rogelio  La Fete de As Sircópatas.

Malpica de cine

Venres 12 de xullo, na praza do Campo, en Malpica

A partir das 22.30 proxección de La Sirenita.

Venres, 19 de xullo, no Ecomuseo do Forno do Forte, en Buño

A partir das 22.30 proxección de. Bella e o circo máxico

Venres,  26 de xullo, na praza do Campo, en Malpica

A partir das 22.30 proxección de Spider-man. Cruzando el multiverso.

Festivais

Sábado 20 de xullo

A partir das 20.30 Festival Darredor na praza Anselmo Villar Amigo.

Organiza: ACD Carcaxía

Sábado 27 de xullo

            3º Balea Fest

                        13.00 Malditos Pendejos

                        15.00 Os Revenidos

                        22.00 Derivados del Norte

                        23.30 Five Strings Band

            Organiza: AC Campal

Ruta cultural

Domingo, 30 de xuño

Camiño dos Faros. 1º Etapa Malpica-Niñóns. Distancia: 23 km. Puntos de interese: praia de Seaia, miradoiro de Santo Hadrián, illas Sisargas, praia de Beo, praia de Seiruga, faro Nariga, enseada de Lago e praia de Niñóns. Saída de Malpica ás 10.00. Regreso, en bus, dende Niñóns ás 19.00.

Información e inscricións: Tel.: 697 993 182 / 603 741 747, Email: salitremalpica@gmail.com

Organiza: ACD Salitre.

Colabora: Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes. Concello de Malpica.

Actividades deportivas

Martes, 2 e xoves 4 de xullo

Xogos Multideportivos, destinados a crianzas de 6 a 12 anos, realizaranse na praia de Area Maior, na pista polideportiva do parque infantil de Malpica ou no Pavillón Polideportivo de Malpica, entre ás 10.30 e as 13.30. Inscricións ata o 27 de xuño, de balde

Do Luns 8 ao xoves 11 de xullo

Torneo de Fútbol Praia Xóvenes, na praia de Area Maior de Malpica, horario en función das mareas e número de inscritos. Para maiores de 14 anos. Inscricións ata o 4 de xullo, de balde.

Venres 12 e 19 de xullo

Ioga na praia, na praia de Área Maior (zona da caseta dos socorristas), de 10.00 a 11.00. Para adultos. Sen inscrición previa, de balde.

Sábado 20 de xullo

II Trail Costa da Morte: Os Nosos Faros. Saída ás 9.30 horas de Punta Nariga. Ruta Salvaxe 18.2 Km (Nariga-Malpica). Organiza: Asociación Os Faros da Vida. Inscricóns: (QR).

            Domingo 21 de xullo

Día da Bicicleta, saída do campo de futbol de Pedra Queimada ás 10.45. Para participantes de todas as idades. Ao remate do paseo no que se percorrerán 11 km farase un sorteo de agasallos entre os participantes. Inscricións, na saída ata 15 minutos antes.

Martes 23 e Mércores 24 de xullo

Torneo de Volei Praia (nivel iniciación), na praia de Canido. Horarios de mañá, en función do número de inscritos. Destinado a crianzas a partir de 12 anos. Inscricións: ata o 18 de xullo, de balde.

AGOSTO

Actividades infantís

Do 1 ao 31 de agosto

Obradoiros de Barro/Talleres de Modelado, no Ecomuseo do Forno do Forte, de 16.30 a 18.30. De martes a sábado. Para crianzas de 3 a 12 anos, acompañadas de adultos. Sen inscrición previa, de balde.

Do 1 ao 30 de agosto

Campamento Concilia 2024 (Concellería de Servizos Sociais): De luns a venres, do 1 ao 30 de agosto, no Centro Cívico de Malpica, de 9.00 a 14.00. Para crianzas de 3 a 12 anos, ambas incluídas.

Incluirá: Actividades recreativas, deportivas, talleres, de correponsabilidade e promoción da igualdade e de promoción de hábitos saudables e de hixiene.

Prazas: 30.

Servizo de Madrugadores, de 8.00 a 9.00: 15 prazas (1) .

Servizo complementario, de 14.00 a 15.00: 15 prazas (1).

Prezo: de balde.

Inscricións: No Departamento de Educación e Cultura, en horario de 11.00 a 15.00, do 24 de xuño ao 19 de xullo.

  • Consultar actividades e condicións de acceso .

Do 19 ao 30 de agosto

Campamento musical, de luns a venres, no Centro Cívico de Malpica, en horario de 10.00 a 14.00. Para crianzas de 7 a 12 anos.

Prazas: 15

Prezo: 80,00 €

Información e inscricións: Tel.: 697 993 182 / 603 741 747, Email: salitremalpica@gmail.com

Organiza: ACD Salitre.

Colabora: Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes. Concello de Malpica.

Venres, 23 de agosto

XXIII Concurso de Barcanas e Castelos de Area, Praia de Area Maior, na praia de Area Maior de Malpica, de 10.00 a 14.00. Para adultos e crianzas a partir de 6 anos. Inscricións: do 1 ao 21 de agosto, no Departamento de Educación e Cultura, en horario de 11.00 a 15.00 e o 23 de agosto na praia de Area Maior de Malpica de 10.00 a 11.00.

Visitas Teatralizadas

              Sábados 17 e 31 de agosto

Visitas Teatralizadas no EcoMuseo do Forno do Forte: Ao Principio Había Barro con Raquel Crespo e Yago Espasandín, ás 12.00. Para todos os públicos. Sen inscrición previa, de balde.

Seráns na vila (público familiar)

Sábado 3 de agosto, no paseo da Praia

A partir das 20.00, representación de Cabicivai de Pablísimo.

Sábado 10 de agosto, no paseo da Praia

A partir das 20.00, representación de As minas do Rei Salomón de Teatro Ghazafelhos.

            Domingo 25 de agosto, polas rúas da vila

                        A partir das 17.00, actuación da Banda de Música de Abegondo.

Malpica de cine

Venres 2 de agosto, na praza do Campo

A partir das 22.00 proxección de Flash.

Venres 9 de agosto, na praza do Campo

A partir das 22.00 proxección de Salta.

Venres,  30 de agosto, no Ecomuseo do Forno do Forte, en Buño

A partir das 22.00 proxección de El gato con botas. El último deseo

Rutas culturais

Domingo, 11 de agosto

Perseidas 2024

21.00 Charla teórica no Auditorio do Centro Cívico.

21.45 Saída para a observación astronómica.

Información e inscricións: Tel.: 697 993 182 / 603 741 747, Email: salitremalpica@gmail.com

Organiza: ACD Salitre.

Colabora: Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes. Concello de Malpica.

Actividades deportivas

Do 1 ao 31 de agosto

Fútbol Praia Infantil, na praia de Area Maior de Malpica, horarios en función das mareas, aproximadamente 2 días á semana cada categoría. Para crianzas de 6 a 14 anos. Inscricións: ata o 24 de xullo, custe: 21,71 €.

Venres 9 e 16 de agosto

Ioga na praia, na praia de Área Maior (zona da caseta dos socorristas), de 10.00 a 11.00. Para adultos. Sen inscrición previa, de balde.

Inscricións:

                            Actividades deportivas

Oficina de Deportes da Casa do Concello

                            De luns a venres

                            Teléfono de información: 690 047 448 /981 720 001 Ext.: 4

                            Actividades culturais

                            Departamento de Educación e Cultura,

                            no Centro Cívico. De  luns a venres, de 11.00 a 15.00

                            Teléfono de información: 981 707 104

Nas actividades municipais as prazas adxudicaranse por orde de inscrición, non obstante, terán preferencia as/os solicitantes empadroados no Concello de Malpica de Bergantiños, sempre que acrediten como mínimo un ano de antigüidade no padrón municipal.

Para máis información e inscricións, os interesados poden contactar co Departamento de Educación e Cultura no Centro Cívico de Malpica ou visitar a páxina oficial do Concello de Malpica de Bergantiños en Facebook e Twitter.

Organiza: Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes. Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Olería.

Colabora: Deputación Provincial de A Coruña – Rede Cultural 2024.

13Xuñ 2024

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas estará no Polígono Industrial de Malpica

Inspección Técnica | Desde o 1 ata o 10 de xullo de 2024

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas (ITV) desprazarase ao Polígono Industrial de Malpica do 1 ao 10 de xullo de 2024. O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá e de 15:15 a 18:00 pola tarde. Este servizo ofrecerase en horario de mañá e tarde todos os días, excepto os días 5 e 10 de xullo de 2024, nos que unicamente se atenderá en horario de mañá.

Para solicitar cita previa, os interesados poden facelo a través dos seguintes medios:

12Xuñ 2024

Adxudicada á empresa OBRAS RAMÓN COTELO a renovación da rúa A Vista en Seaia por 130.000 euros

O Concello de Malpica adxudicou á empresa OBRAS RAMÓN COTELO, S.L. as obras de renovación do pavimento e servizos na rúa A Vista, cun importe de 130.000 euros.
A actuación, que se enmarca no Pos+ 2023, ten como obxectivo mellorar o estado actual da vía, tanto no que respecta ao pavimento como ás redes de saneamento e abastecemento de auga. As obras comezarán nos vindeiros días. Disculpade as molestias que estas actuacións poidan ocasionar.

Página 1 de 15312345...102030...Última »