Malpica será o epicentro da música galega durante o venres 18 e o sábado 19 de agosto cun cartel de luxo. Ademais tamén durante os día 18, 19 20 e 21 celebraremos o Mercado Medieval Mariñeiro con múltiples actividades coma soprado de vidro, barca pirata, noria medieval, paseos en tren, xogos tradicionais, pasarrúas musical, piratas e brasas voadoras. A Festa Galega comezará o venres día 19 e contaremos coa actuación de Camaño e Ameixeiras ás 22.15 horas, Ses ás 23.45 horas, Ialma á 01.15 horas e xa para rematar a noite ás 02.30 horas teremos a The Cerne Revival Band. O Domingo 20, ás 12.00 horas, levarase a cabo o desfile de bandas organizada pola asociación A.C. Malante. Pola noite ás 22.30 horas a festa comezará coa Charanga ACDC, A Mellor da Costa da Morte, e xa para rematar ás 23.30 horas Arredores deleitaranos coa súa fermosa música.
A inversión total será de 109.419,9, financiados pola Deputación da Coruña.
As actuacións incluídas no Plan de Obras e Servizos (Pos) xa están en marcha. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, e o concelleiro, Miguel Fernández Mirás, desplazaronse para facer o seguimento das obras que van a comezar. Trátase da mellora da estrada Campelo-Barizo. Unha obra incluída na 1º fase do post adicional 2/2021 e adxudicada á empresa López Cao por un importe total de 36.469.40€. Tamén visitaron o lugar onde se mellorará a capa de rodadura do Camiño de Cambre á Pedrosa e o Camiño en a Raxeira. Obras incluídas na 1º fase do pos adicional 2/2021 adxudicada a López Cao por un importe total de 72.950,90.
Os problemas da seca chegaron ao Concello de Malpica. A falta de auga do río está provocando que os restos do fondo cheguen ata os nosos fogares. Deste xeito, as últimas analíticas conclúen que a auga da rede municipal NON É APTA PARA O CONSUMO porque incumpre os parámetros THM, pero Sí pode usarse para HIXIENE PERSOAL E OUTROS USOS. Desde o Concello estamos traballando para solucionar este grave problema que nos afecta a todos
A concellería de Turismo do Concello de Malpica organiza para o vindeiro 12 de agosto a I Andaina Das Estrelas de Malpica para gozar da posta de sol, ver a superlúa de Esturión e a choiva de estrelas Perseidas. Sairase ás 20.15 horas dende a Praza Anselmo Villar Amigo ata San Hadrián.
As inscricións (son de balde) e haberá unhas huchas no Concello de Malpica e no Jofra para recadar fondos contra o cancro. As persoas interesadas pódense anotar no Concello de Malpica de 09.00 á 14.00 horas e polas tardes de 15.00 á 22.00 horas no Jofra. Todas as persoas que participen no evento deberán levar chaleco e lanterna.
A cita máis importante de artesanía da Costa da Morte inclúe actividades para todos os públicos
O acto celebrouse nunha carpa ao lado dunha exposición cos deseños de todos os oleiros e oleiras de Buño. O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo e de Olería, Alfredo Cañizo, arrincou o evento cun discurso no que indicou que “a Mostra está feita con todo o cariño do mundo por parte de todos”. O presidente dos oleiros, Fran Gorín, moi emocionado, deu as grazas por facer desta festa unha tradición que xa vai pola 38ª Edición e apuntou que oxalá dure 38 anos máis. Tamén deu as grazas a todos os oleiros que “estiveron traballando cóbado con cóbado e iso para min é moi gratificante”. A isto tamén se referiu, Xosé Blas García Piñeiro, presidente de Promoción Económica da Deputación da Coruña. ”A Mostra xa é un clásico das cousas que levamos na promoción económica. Aínda que nos anos de pandemia a axuda non foi tanta estivemos sempre aí. Sempre o facemos polo ben dos profesionais que se dedican a olería e sobre todo das veciñas e dos veciños e apoiar tamén o concello e o pobo”. García engadiu que “o protagonismo é de todos os profesionais que se dedican a diario a crear pezas fermosas sendo un traballo que teñen que seguir mantendo. “O fundamental é que a Deputación da Coruña, o Concello de Malpica, a Xunta de Galicia e os oleiros temos que traballar conxuntamente para que a Mostra teña futuro”. Alfredo Cañizo agradeceu públicamente todo o apoio e o traballo de Isabel Fernández Deus, administrativa no Concello de Malpica. Ó evento tamén asistiu o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, que quedou sorprendido pola capacidade de innovación, transformación e sobre todo por todo o apio e respaldo por parte das administracións e dos consumidores. “É un sector do comercio moi importante de artesanía que a día de hoxe cada vez se pon máis en valor. Creo que todos aprendemos ao longo do ano 2020 que temos que protexer o noso”. Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, resaltou que “estes días, Buño vai ser o epicentro da Olería de Galicia e sobre todo aquí na Costa da Morte que tedes uns paraxes impresionantes, que non deixan indiferente a ninguén e que nos axuda tamén a posicionar a Galicia como destino turístico”. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, pechou as intervencións destacando que “manter con vida o legado é o mellor agasallo que podemos facerlle a tantas e tantas xeracións que coas súas mans moldearon dun xeito de ser e de afrontar a vida. Un xeito definido pola súa solidariedade e o seu afán por ser fortes dende un colectivo. Seguramente moitos de aquí saben que cando unha peza tras unha cocedura non saía ben o seu entorno non tiña máis remedio que aguantarse, mais nunca faltaba outro artesán ó seu carón que lle dicía que aí estaba para todo o que necesitase ese é o colectivo oleiro”. Ao evento tamén asistiu a alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, a concelleira da Mostra do Encaixe de Camariñas, Encarna Liñeiro, o alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, o alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, a concelleira de Vimianzo, María José Pose, o Presidente de Afaber, Suso Villar, o Presidente de los Ourives de Compostela, Arturo Ouro Hortas, Lisardo Nuñez Pardo, abogado, o deputado Rubén Lorenzo e o párroco de Buño, Don Manuel.
Eduardo Parga, alcalde de Malpica, asinou hoxe na sede da Diputación da Coruña xunto co vicepresidente, Xosé Regueira e o deputado de Promoción económica, Blas García, un convenio para a promoción da Mostra de Olería de Buño. A Mostra de Malpica recibirá una achega de 80.000€. Parga agredeciu á Diputación que siga apostando pola promoción económica da Mostra de Olería de Buño.
Dende a Concellería de Turismo e Festexos e coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Malpica seguimos a apostar por fomentar o deporte. Nesta liña e dentro da programación da Mostra da Olería de Buño animamos a todos os amantes deste deporte a que veñan o domino 7 de agosto ó Campo de Fútbol de Xaviña a gozar do Torneo de Fútbol da Mostra de Olería. O evento comezará ás 11.00 horas co encontro entre o UD Cerqueda- UD Xuvenil de Almeiras e pola tarde a partir das 16.30 hora disputaranse tres partidos entre equipos locais. Ás 16.30 comezarán os encontros Buño SCD-Sporting Seaia CF, Buño SCD-UD Cerqueda e UD Cerqueda-Sporting Seaia CF. Ó finalizar o evento entregaranse os trofeos elaborados polo oleiro Antonio Pereira, O Rulo.
O “Mirfak”, o 40 piés da Comisión Naval de Regatas de Ferrol, patroneado por Diego López, entrou no porto de Malpica de Bergantiños ás 18.56 horas da tarde. Era o primeiro barco que o facía en tempo real na primeira etapa da 49 Regata “Rías Altas”, que tivo a saída pasadas as dúas da tarde desde A Coruña.O barco da Armada encabeza tamén a clasificación provisional en ORC 1, seguido do “Urbapaz”, de Fran Edreira (Náutico de Cabanas) e do “Eleko Mambo”, do mesmo Club e patroneado por Carlos Sampedro.En ORC 2 o “Golfiño” de Jose Naya (Náutico Ría de Ares, encabeza a lista do día, mentres que en ORC 2 Víctor Carrión co “Bon 3” (Punta Lagoa) é o primeiro. “A María”, de Carolina Martínez, ocupa a segunda praza; terceiro é o “RaygrasIII”, de Ton Núñez (Carrumeiro) e cuarto, “Sadamar-Alma do Mar”, de Nito Enríquez, do Náutico de Cabanas. Os participantes da XLIX Regata Rías Altas foron recibidos pola concelleira de Promoción Económica Pilar Doldán e pola concelleira de Deportes Noelia Freijeiro. Despois da recepción as concelleiras entregaron os respectivos premios ós deportistas das tres categorías. A segunda etapa Malpica de Bergantiños-Ferrol, con 23 millas de percorrido, sairá mañá ás 12.00 horas do porto de Malpica.
O evento trátase dun mercado itinerante, liderado por mulleres creativas, que leva vinculada unha mostra fotográfica de retratos de redeiras, colareiras, palilleiras, cesteiras, oleiras e outros colectivos, mulleres que tomaron o relevo das súas avoas para seguir dándolle vida aos traballos máis ancestrais da cultura galega.
O mercado poderase visitar en horario de 11.00 á 20.00.
Unha actividade itinerante, organizada por ONYVA!, na que colabora a concellería de Cultura e Deportes do Concello de Malpica, Artesanía de Galicia e a Xunta.
O alcalde, Eduardo Parga, asinou un convenio con Susana Lenguas, presidenta de Portos de Galicia, para posibilitar a reanudación desta actividade.
O Concello de Malpica anuncia que desde hoxe, xoves 21 de xullo será posible volver practicar a pesca deportiva en diversos puntos habilitados para este fin no porto de Malpica. O alcalde, Eduardo Parga, ratificou o regreso desta actividade a través da sinatura dun convenio coa presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas. Dito acordo implica que o Concello de Malpica asumirá as tarefas de control no tramo horario desde as 21.00 ata as 06.00 horas durante todos os días da semana. Ademais, as persoas que desexen practicar esta actividade no porto deberán estar en posesión dun seguro de responsabilidade civil así como a pertinente licencia de pesca. Para garantir o cumprimento destas medidas, infórmase que tanto o Concello de Malpica como Portos de Galicia efectuarán controis periódicos para garantir que todas as persoas que practiquen a pesca deportiva estean en posesión destes documentos. O rexedor, Eduardo Parga, sinala a súa satisfacción por un acordo ‘que permitirá que a nosa veciñanza poida exercer esta actividade’ e agarda ‘que se cumpran todas as medidas para evitar tomar decisións drásticas’.
Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario - Ocultar detalles
• Social media Facebook, Twitter e outras Redes Sociais precisan utilizar cookies para recoñecerte.
• Analytics Os datos recollidos polas cookies de Google Analytics son anónimos e só se usan para valorar a experiencia do usuario no nosa web.
• Anuncios Este sitio pode albergar publicidade propia, de afiliados, ou de redes publicitarias.
• Cookies propias Este sitio utiliza cookies propias para facilitar o acceso e mellorar a navegación e experiencia ao usuario Aviso Legal ACEPTOLeer más