Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 19°
16°
Mércores 20°
14°
Xoves 20°
16°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE

ACTUALIDADE

19Dec 2014

Iniciadas as obras de reparación da senda de San Adrián

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza financia os traballos, que permitirán subsanar os danos causados polos temporais do último inverno
540-f-foto

Xa están en marcha as obras de reparación da senda de San Adrián, na que o firme estaba deteriorado debido ao efecto das escorrentías ocasionadas polos temporais do último inverno a causa da elevada pendente. Eses problemas quedarán subsanados grazas a unha achega da Dirección Xeral de Conservación da Natureza con cargo ao programa de axudas  a actividades, actuacións ou medidas de concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciada con fondos FEADER. A mellora do camiño de San Adrián ten un orzamento de 8.032.80 euros e está a ser executada pola empresa Construcciones López Cao.

 

O alcalde, Eduardo Parga, e o concelleiro de Obras, Miguel Fernández, acompañados por técnicos municipais, realizaron unha visita ás obras, que consisten na reparación da senda existente mediante o acondicionamento do firme con zahorra nos tramos máis deteriorados, que son o acceso á capela dende a fonte e a subida da Praia de Seaia. O resto do camiño será bacheado e tamén se substituirá algún travesaño de madeira que está deteriorado.

 

A senda de San Adrián, de varios quilómetros de lonxitude, é moi utilizada coma circuíto de paseo polos malpicáns, pero sobre todo é un camiño imprescindible para os romeiros que soben á capela coincidindo coa festa do santo, no mes de xuño.

 

19Dec 2014

Doce entidades colaboran co Concello na organización do programa cultural Malpica Nadal

Concursos, obradoiros, teatro, música, xogos, literatura, festas e cabalgatas de Reis animarán as vacacións escolares
540-f-foto

O Concello de Malpica de Bergantiños, en colaboración con doce entidades, pon en marcha o programa Malpica Nadal, que inclúe unha amplísima oferta de actividades culturais e de ocio para toda a familia, pero sobre todo para que os nenos e nenas gocen das vacacións escolares con iniciativas deseñadas á súa medida. Outra das características do programa é que se estende a todo o territorio municipal grazas á implicación das asociacións Malante, Carcaxía, ANPA Ventorrillo, ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero, San Xulián, Río dos Píos, Pobo Alfareiro, A Feira, O Brizo, Río de San Antonio, Leiloio e Monte D?Arxa.

 

Venres, 19 de decembro

 

  • 10.15 e 11.40 horas. Visitas do Carteiro Real ao CEIP Joaquín Rodríguez Otero e á Ludoteca Municipal, respectivamente.
  • 12.15 h. Entrega dos premios do Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal (CEIP Joaquín Rodríguez Otero).
  • 12.15 h. Visita de Papá Noel á escola de Barizo.
  • 16.45 a 18.45. Obradoiro de Adornos de Nadal (praza de Anselmo Villar Amigo)
  • 20.30. Mostra de Teatro: ?Fóra de lugar?, do Grupo de Teatro de Teruca Bouza (auditorio do Centro Cívico).

 

 

Sábado, 20 de decembro

  • 20.00 h. Mostra de Teatro: ?Cabaré Manicómico? de Creacións Manicómicas (auditorio do Centro Cívico).

Domingo, 21 de decembro

 

  • A partir das 16.30 h. Pasarrúas de Panxoliñas pola parroquia de Leiloio. Grupo de cantareiras de rapaces con Papá Noel e chocolatada para os máis pequenos). Organiza: AVV de Leiloio.

Luns 22 e martes 23 de decembro

 

  • 11.30 a 13.00 h. Nadal Xogo: Obradoiro de xogos de animación (auditorio do Centro Cívico).

Mércores, 24 de decembro

 

  • 16.30 h. Papá Noel entrega os regalos aos rapaces na Casa da Cultura de Seaia. Organiza: AC Carcaxía.
  • A partir das 18 h. Pasarrúas de Panxoliñas das cantareiras da AC Malante pola vila de Malpica.
  • 18.30 a 20.30 h. Papá Noel entrega os regalos aos rapaces na Fonte da Praza Villar Amigo. Organiza: AC Malante.

 

 

Domingo, 28 de decembro

  • 17 h. Nadal Xogo: Tómbola infantil de Nadal no pavillón polideportivo de Malpica (imprescindible entrar con zapatillas de deporte). Organiza: AC Malante.

Luns, 29 de decembro.

 

  • 11.30 a 13.00 h. Nadal Xogo: Obradoiro de xogos de animación no auditorio do Centro Cívico.
  • 16.30 a 20.30. Nadal Xogo: Festa infantil con inchables no pavillón polideportivo. Colabora: ANPA Ventorrillo.

 

 

Martes, 30 de decembro

  • 11.30 a 13.00 h. Nadal Xogo: Obradoiro de xogos de animación no auditorio do Centro Sociocultural de Buño. Colabora: ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.
  • 16.30 a 19.30 h. Nadal Xogo: Festa infantil con inchables no pavillón polideportivo. Colabora: ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.

 

 

Mércores, 31 de decembro

  • A partir das 23.45 h. Festa de Fin de Ano no auditorio do Centro Cívico, amenizada polo Dúo de Festa. Haberá uvas, cava e cotillón.

Sábado, 3 de xaneiro

 

  • 17.30 h. Nadal Xogo: Festa infantil e chocolatada na Casa dos Veciños de Leiloio (A Raxeira). Colabora: AVV Leiloio

Domingo, 4 de xaneiro

 

  • 16.30 h. Nadal Xogo: Actuación do mago Richard co espectáculo ?Divermaxia? na Escola Unitaria de Pontella. Organiza: AVCS O Brizo de Vilanova.
  • 17.30 h. Nadal Xogo: Festa infantil na escola unitaria de Pontella. Colabora: AVCS O Brizo de Vilanova.
  • 19.00 h. Presentación da publicación ?O grilo Míllelo?, con textos de Xosé Manuel Varela e Icía Varela Gómez, ilustracións de Xosé Tomás e música de Suso Moreira. No salón de actos da Casa do Pescador.

 

 

Luns, 5 de xaneiro

Os Reis Magos de Oriente chegarán a:

  • Buño, ás 17 h. (Bar O Forno)
  • Cambre, ás 18.30 h (local sociocultural)
  • Malpica, ás 20 h. Ao porto
  • A cabalgata percorrerá as parroquias seguindo o itinerario do bus escolar dos centros de primaria. Organizan: AVV Pobo Alfareiro, AC Malante, AC Carcaxía, ACD San Xulián, AVCS O Brizo de Vilanova. Colabora: AV Río de San Antonio
  • Leilolo, ás 18 h. (Feira Nova). Organiza: AC A Feira.
  • Seaia, ás 21 h. Entregarán os regalos polas casas. Organiza: ACD San Xulián.

 

 

Martes, 6 de xaneiro

Os Reis Magos chegarán a:

 

  • -Mens e Barizo, ás 10 h (igrexa de Mens). Organizan: AVS Río dos Píos de Mens.
  • -Seaia, ás 10 h (Casa da Cultura e percorrido pola parroquia).
  • -Santirso, á saída da misa
  • -Pontella, ás 12 h
  • -Beo, ás 12.30 h
  • A cabalgata percorrerá as parroquias seguindo o itinerario do bus escolar dos centros de primaria. Organizan: AVV Pobo Alfareiro, AC Malante, AC Carcaxía, ACD San Xulián, AVCS O Brizo. Colabora. AV Río de San Antonio
  • -Cerqueda, pola mañá os Reis Magos percorrerán toda a parroquia. Organiza: AVV Monte D?Arxa.
13Dec 2014

O día 27 celebrarase o IV Festival de Corais de Nadal

As agrupacións Virxe da Barca e San Valentín serán as convidadas
540-f-foto

Por cuarto ano consecutivo, a Coral de Malpica e o Concello organizan o Festival de Corais de Nadal, unha cita que ofrece unha mostra de música vocal de calidade ao tempo que lembra as cancións tradicionais desta época do ano.

O certame está programado para o 27 de decembro, ás 20 horas, no auditorio do Centro Cívico. Ademais da Coral de Malpica, que exercerá como anfitrioa, actuarán a asociación Virxe da Barca de Muxía e a polifónica San Valentín.

9Dec 2014

Matriculados 23 veciños e veciñas do municipio de Malpica nos cursos de graduado en ESO iniciados hoxe

Os primeiros en incorporarse ás clases foron os 11 alumnos de Buño e o xoves farano outros 12 na capital municipal
540-f-foto

Hoxe comezaron as clases para o primeiro dos dous grupos de veciños e veciñas matriculados no curso de graduado en ESO organizado polo Concello de Malpica de Bergantiños e subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña. Ás 10 da mañá incorporáronse á aula da Casa do Oleiro os 11 integrantes do grupo de Buño, que foron recibidos polas súas maestras, pola concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín, e polo alcalde, Eduardo Parga Veiga. Tamén asistiu o presidente de Íntegro, Adolfo López Baña, xa que esta entidade é a encargada da formación.

 

O alcalde animou aos participantes a aplicarse para conseguir unha titulación imprescindible para continuar a súa formación, para incorporarse ao mundo laboral ou para mellorar profesionalmente.

 

O xoves, ás 10 horas, empezarán as clases os 12 matriculados para o grupo de Malpica. Durante decembro e xaneiro haberá dúas horas de clase semanais, e a partir de febrero serán catro horas, tanto en Buño coma en Malpica. No caso de que a algún alumno lle quede algún módulo pendente para setembro, ao longo do mes de agosto haberá clases de reforzo.

 

8Dec 2014

O Concello de Malpica adapta o parque infantil á normativa

As obras, que avanzan máis lento do previsto debido á choiva, teñen un orzamento de case 100.000 euros
540-f-foto

Aínda que van un pouco máis lentas do previsto por culpa da choiva, as obras de reforma e adaptación do parque infantil de Malpica, situado na rúa Patria Galega, seguen avanzando e prevese que estean rematadas no prazo establecido, segundo indicou o concelleiro de Obras, Miguel Fernández. O proxecto está incluído no POS 2014 e ten un orzamento de 99.792,78 euros.

 

As obras consistirán na reforma do parque para adaptalo á normativa actual sobre parques infantís, a eliminación de elementos construtivos que poden supoñer certo risco para os usuarios (bordillos, gradas, bancos de fábrica?), a reposición de pavimentos, a substitución da fonte, a reforma dos aseos e a organización das zonas de xogos por idades. Neste sentido, os que poidan ser reutilizados serán restaurados e no resto dos casos colocaranse xogos novos. Ademais, o parque será dotado de mobiliario novo.

 

7Dec 2014

Rematou en Malpica o obradoiro de xardinería para persoas con diversidade funcional

Os participantes realizaron as prácticas nas zonas verdes do Centro Cívico e do centro médico
540-f-foto

Esta semana rematou o segundo obradoiro de xardinería para persoas con diversidade funcional promovido pola Concellería de Servizos Sociais de Malpica. O acto de clausura celebrarase o día 18, coincidindo co remate doutras dúas iniciativas organizadas polo departamento que dirixe Marisol Blanco Gorín, os cursos de cociña para persoas maiores e para persoas con diversidade funcional.

 

O taller de xardinería foi subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña e impartido pola Asociación Íntegro. A formación desenvolveuse ao longo de dous meses, tres días á semana, o que permitiu aos participantes acondicionar as zonas axardinadas do Centro Cívico e do centro médico de Malpica.

 

6Dec 2014

A última entrega do ano do banco de alimentos de Malpica incluíu produtos de Nadal e xoguetes

Este mes foron 21 as familias que solicitaron axudas de emerxencia social
540-f-foto

O banco de alimentos do Concello de Malpica e a Fundación Amigos de Galicia realizou esta semana a última achega do ano. Ao tratarse do mes de Nadal, as familias usuarias tamén levaron produtos típicos destas datas e xoguetes para os cativos menores de 10 anos.

 

O banco de alimentos de Malpica remata o ano con 21 usuari@s debido á incorporación, este mes, dunha familia monoparental cun bebé de dous meses que tamén recorreu ás axudas de emerxencia social que facilitan o Concello de a Fundación Amigos de Galicia.

 

O alcalde, Eduardo Parga; o tenente de alcalde, Miguel Fernández, e a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín, acudiron, como todos os meses, á entrega dos alimentos non perecedoiros que constitúen a maior parte das achegas. Este mes tamén houbo produtos frescos: clementinas, allos, polos, carne para guisar, hamburguesas? e produtos de limpeza para o fogar.

 

Ao longo do ano 2014 as achegas realizadas polo banco de alimentos superaron os 9.000 quilos.

 

5Dec 2014

O Concello de Malpica de Bergantiños pon en marcha un curso de graduado en ESO para adultos

As clases empezarán o día 9 en Buño e o 11 en Malpica
540-f-foto

O Concello de Malpica de Bergantiños porá en marcha a semana que vén un curso de graduado en ESO para adultos. O día 9 comezarán as clases en Buño e o 11 en Malpica, en ámbolos casos ás 10 da mañá. Polo momento hai 9 persoas inscritas en Buño e 6 en Malpica, pero os interesad@s aínda están a tempo de matricularse.

 

Os grupos serán reducidos, de non máis de 10-12 persoas, e o curso desenvolverase ata o mes de maio. Durante decembro e xaneiro haberá dúas horas de clase semanais, e a partir de febrero serán catro horas, tanto en Buño coma en Malpica. No caso de que a algún alumno lle quede algún módulo pendente para setembro, ao longo do mes de agosto haberá clases de reforzo.

 

27Nov 2014

Clausurado o programa de Envellecemento Activo, no que participaron case 50 veciños do municipio

O alcalde e a concelleira de Servizos Sociais expresaron a vontade do goberno municipal de darlle continuidade á iniciativa o vindeiro ano
540-f-foto

Cunha merenda saudable elaborada polos alumnos e alumnas de cociña do Centro de Recursos Íntegro rematou onte xoves a festa de clausura do programa de Envellecemento Activo organizado pola Concellería de Servizos Sociais de Malpica, coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, e no que participaron case 50 veciños do municipio repartidos entre Malpica e Buño.

 

A celebración comezou con xogos e un animado baile no salón de actos do Centro Cïvico de Malpica. Xa o remate da xornada procedeuse á entrega de diplomas, un acto no que participaron o alcalde, Eduardo Parga; a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín; o tenente de alcalde, Miguel Fernández, e Adolfo López Baña en representación da empresa de economía social + Porvir, que foi a encargada de desenvolver nesta ocasión o programa de actividades.

 

Tanto as autoridades locais coma os usuarios e usuarias do programa expresaron a súa satisfacción polo traballo realizado polo persoal de + Porvir. Adolfo López Baña agradeceu a boa acollida do proxecto polos participantes e a confianza do Concello de Malpica ao outorgar á nova empresa o desenvolvemento da iniciativa. O alcalde, pola súa banda, desexou que os contidos teñan sido de utilidade e do agrado dos veciños e veciñas, e tanto el como a concelleira de Servizos Sociais manifestaron a súa intención de darlle continuidade á experiencia o vindeiro ano.

 

Nos talleres de Envellecemento Activo, que se celebraron en Malpica e Buño, participaron un total de 48 persoas. A iniciativa ofreceu aos maiores unha serie de ferramentas que lles axudarán a mellorar a súa calidade de vida. Monitores e participantes traballaron durante máis dun mes nos ámbitos da saúde, a participación na sociedade, a seguridade e a formación continua, catro grandes bloques que abrangueron propostas coma alimentación saudable, mantemento físico, club de lectura, festas, teatro, cine, visitas a balnearios, prevención de riscos no fogar ou busca de afeccións.

 

25Nov 2014

O banco de alimentos do Concello de Malpica e a Fundación Amigos de Galicia repartiu este ano máis de 9.000 quilos

As achegas mensuais de comida benefician a vinte familias do municipio
540-f-foto

Segundo o balance que vén de entregar a Fundación Amigos de Galicia ao Concello de Malpica de Bergantiños, no que vai de ano repartíronse no municipio 9.265 quilos de comida a través do banco de alimentos, un servizo que todos os meses contribúe ao sustento de vinte familias. O custo dos produtos sitúase en 22.154,12 euros, dos cales, segundo o convenio asinado entre ámbalas partes, o Concello de Malpica achega un total de 3.500 euros.

 

O banco de alimentos provee ás familias de alimentos non perecedoiros, fundamentalmente, aínda que todos os meses se inclúen nos lotes produtos frescos de tempada, sobre todo froita e verdura. Pero o convenio entre a Fundación Amigos de Galicia e o Concello de Malpica de Bergantiños tamén atende outras necesidades. De feito, ao longo do ano foi posible dotar dun mobiliario básico a vivenda dunha familia monoparental cuxos membros tiñan que comer de pé por carecer de mesa e cadeiras. Grazas á colaboración entre as dúas entidades a casa non só foi acondicionada, senón que xa conta cun equipamento digno.

 

Tanto o alcalde, Eduardo Parga Veiga, coma a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín, valoraron moi positivamente o convenio coa Fundación Amigos de Galicia e cualificaron coma unha prioridade para o goberno municipal a atención ás familias do municipio con máis necesidades.

 

Página 117 de 153« Primera...102030...115116117118119...130140150...Última »