Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 19°
16°
Mércores 20°
14°
Xoves 20°
15°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE

ACTUALIDADE

10Xuñ 2024

O Centro Cívico de Malpica acolleu a clausura do Obradoiro de Arte Infantil do Curso 2023/2024

Hoxe ás 19.00 horas, o Centro Cívico de Malpica acolleu a entrega de diplomas e a inauguración da exposición do obradoiro de Arte Infantil do curso 2023/2024. Esta actividade contou coa participación de cincuenta alumnos e alumnas de Malpica e Buño. Os profesores María Canedo e Eloy Mancebo foron os encargados de impartir o obradoiro, guiando e motivando ao alumnado.

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, felicitou a todos os participantes polo gran nivel amosado nas obras expostas. “É un orgullo ver o talento e a creatividade dos nosos nenos e nenas reflectidos nestas 50 obras que conforman a mostra”, destacou.

A exposición permanecerá aberta ao público ata finais de xuño no Centro Cívico.

9Xuñ 2024

Delfín conquista as Illas Sisargas nunha regata marcada pola velocidade

As augas da costa coruñesa foron escenario da edición XXXVI da Regata Illas Sisargas, onde a velocidade foi a protagonista. Os participantes, impulsados por un vento portante do nordés, sucaron o mar a gran velocidade, alcanzando algúns barcos ata 18 nós (40 km/h), realizando o percorrido nun tempo récord de dúas horas e media.

Nesta competición, o Delfín de José Naya Fraga, do Club Náutico Ría de Ares, proclamouse vencedor, demostrando un dominio absoluto da travesía desde A Coruña ata Malpica.

Impresión 3D e Figaro 55 completan o podio

O Impresión 3D de Guillermo Blanco García (Club Náutico da Coruña) e o Figaro 55 de Jesús Pintos (tamén do Club Náutico da Coruña) conseguiron facerse cun merecido segundo e terceiro posto, respectivamente. Ambos os equipos demostraron un gran nivel competitivo.

Recoñecemento aos participantes

O concelleiro de Turismo, Alfredo Cañizo, e o concelleiro de Promoción Económica, Milo Fernández, foron os encargados de entregar os premios aos gañadores. Ambos, destacaron a deportividade de todos os participantes, así como o éxito da regata que xa é unha cita ineludible.

Tras a entrega de premios, os deportistas puideron gozar dunha deliciosa sardiñada no Porto de Malpica, compartindo experiencias e celebrando o éxito da regata.

A celebración da Regata Illas Sisargas permitiu gozar da beleza incomparable da costa coruñesa. As paisaxes espectaculares e a contorna natural serviron como marco perfecto para o desenvolvemento desta competición deportiva. A regata contribuíu a promocionar o turismo na zona e a poñer en valor a paisaxe de Malpica.

6Xuñ 2024

Finalizadas as obras de mellora nos camiños de Campelo e Vilar Novo

As obras de mellora nos camiños de Campelo e Vilar Novo chegaron ao seu fin. Con cun orzamento de 39.300 euros, esta actuación non só representa unha mellora para os camiños en cuestión, senón tamén unha aposta pola seguridade viaria.

A empresa encargada dos traballos foi Dámaso Ferreiro e Hijos, S.L.,

Estas melloras son un paso importante para optimizar a infraestrutura viaria e asegurar unha maior seguridade para todos.

6Xuñ 2024

Malpica acolle a 36ª Regata Illas Sisargas

Esta fin de semana celébrase a 36ª edición da tradicional Regata de Cruceiros entre A Coruña e Malpica de Bergantiños, un evento que honra a memoria de Pucho Bermúdez de Castro, destacado director de regatas do Náutico coruñés, e que conta co apoio da concellería de Promoción Económica. Ademais, réndese homenaxe a #Jose Luis Arcay e a Juan Manuel Vázquez. A regata, que comprende un total de 42 millas repartidas en dúas xornadas, comezará o sábado 8 de xuño ás 12:00 horas no porto da Coruña. A saída realizarase de maneira inversa, cos barcos de menor coeficiente partindo primeiro, seguindo un roteiro costeiro ata o porto de Malpica. A chegada rexistrarase en tempo real. Como é tradición, o Concello de Malpica ofrecerá unha sardiñada aos participantes o sábado pola noite, ao redor das 20:00 horas, durante o cal se procederá á entrega de premios. O domingo, a competición continuará coa saída desde Malpica, esta vez en frota, a partir das 12:00 horas. Na edición anterior, o barco «Lambaix» de Antonio Arda (Náutico de Cabanas) coroouse vencedor. A segunda posición foi para «Gómez Mostly» de Andrés Soto (Náutico coruñés) e o terceiro posto ocupouno «Zeppelin» de Ignacio Rodríguez (Náutico Ría de Ares). Espérase unha nutrida participación de regatistas nesta edición, continuando coa tradición e o espírito competitivo da regata.

28Mai 2024

A Unidade Móbil de inspección técnica de agrícolas estará en Malpica do 01 ao 10 de xullo, no Polígono Industrial de Malpica

A Unidade Móbil de inspección técnica de agrícolas estará no Polígono Industrial de Malpica nas seguintes datas: 01/07/2024 ao 10/07/2024 O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde. O servizo prestarase en horario de mañán e tarde todos os días, agás: o 05/07/2024 e o 10/07/2024 que será horario só de mañá). Para solicitar cita previa: Por teléfono: 902 30 90 00 A través da páxina web: www.sycitv.com – Cita previa

A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

23Mai 2024

O Concello de Malpica recupera a tradicionales Festas de Corpus

O Concello de Malpica, a través da Concellería de Turismo, recupera a tradicional Festa de Corpus de Malpica.
Toma boa nota da programación:
O venres, 31 de maio, ás 23.00 horas actuará Poti (Tonhito de Poi) e, posteriormente, actuará Pablo Balseiro & La Verbenian Orquestra.
O sábado, 1 de xuño, será a quedan de Dianas e Alboraradas. Pasarrúas co Grupo Falso Escuadro.
Ás 13.30, sesión vermú co Tren da Unha na praza de Villar Amigo.
Dende ás 18.00 horas, Atlantic Club Big Band polas Rúas de Malpica.
Ás 20.00 horas, Grupo Riola, asociación Cultural Carcaxía, actuarán na Praza de Villar Amigo.
Ás 22.00, espectacular verbena na Zona Portuaria con Olympus e Los Players.
O día 02 de xuño, haberá misa de Corpus e Procesión ás 12.30 horas e, posteriormente, ás 13.30, sesión vermú con Jedhill (Jedh) na Praza de Villar Amigo.

22Mai 2024

A obra de Braulio Pérez Atray presentarase o vinderio venres na Casa do Pescador de Malpica

A Casa do Pescador de Malpica acollerá o venres 24 de abril, ás 19.00 horas, a presentación do libro “Médicos e medicina rural na Costa da Morte. A figura do doutor Manuel Pérez Maroño”, unha actividade englobada na programación cultural “Malpica Nun Mar de Letras” escrito por Braulio Pérez Atray, director adxunto da Fundación Universidade da Coruña.

O libro céntrase principalmente na figura de Manuel Pérez Maroño pero tamén é unha homenaxe aos médicos do rural. Ao evento asistirán representantes do Concello de Malpica e Carmen Blach de Hércules Ediciones.

21Mai 2024

Renovación e expedición do DNI en Malpica

Durante o próximo día 2 de outubro de 2024, poderás renovar o teu DNI en Malpica. As prazas serán limitadas, polo que as solicitudes se asignarán por orde de inscrición. Para realizar a renovación, serán necesarios os seguintes datos: nome e apelidos, número do DNI , enderezo, teléfono, 2 fotografías. Se precisas renovar ou obter o DNI debes apuntarte no Concello de Malpica.

Página 2 de 15312345...102030...Última »