Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 19°
16°
Mércores 20°
14°
Xoves 20°
15°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE

ACTUALIDADE

19Abr 2022

O Concello de Malpica participa na organización da andaina “En marcha contra o cancro” este domingo, 24 de abril

Os interesados aínda poden inscribirse e colaborar con esta actividade organizada conxuntamente coa Asociación Española contra o Cancro

O Concello de Malpica, xunto coa Asociación Española contra o Cancro, organizan a andaina solidaria “En marcha contra o cancro”, que se desenvolverá este domingo 24 de abril.

Unha acción conxunta e solidaria para a que está aberto o prazo de inscrición e que partirá ás 10.30 horas da Fonte de Villar Amigo para logo realizar o percorrido entre San Antonio, Castelo Seixas, Ardeleiro, Lapachan, e rematar onde comeza, na Fonte De Villar Amigo.

Unha convocatoria aberta para todas as idades, na que os nenos e nenas de ata 12 anos pagarán 3 euros e os maiores 5 euros. Ademais, unha vez formalizada a inscrición, os participantes recibirán unha pañoleta.

Inscricións

As persoas interesadas en participar e colaborar con esta causa poderán apuntarse a través da seguinte ligazón RockTheSport (contraelcancer.es) ou nos seguintes puntos presenciais:

  • Leiloio: Mª Carmen do Vilar
  • Buño: Casa de Lexi do Correo.
  • Cambre: Rosa María.
  • Cerqueda: U.D. Cerqueda.
  • Malpica: Jofra- Peluquería Ana Ures e Peluquería Cristal.

Ademais poden contactar telefonicamente co Concello no 981.720.001; con Carmen Teresa no 625.117.730; con Mª José Veiga no 628.094.299, e con Mª José Prieto no 686983670.

19Abr 2022

Malpica acollerá a primeira fase de niveis de patinaxe artística do 4 ao 10 Coruña Norte

O Pavillón do Concello será a sede da competición, o vindeiro 23 de abril, organizada polo Club Patín Velúa

O pavillón de Malpica acollerá o vinderio 23 de abril a primeira fase de niveis de patinaxe artística do 4 ao 10 Coruña Norte. Un encontro deportivo organizado polo Club Patín Velúa coa colaboración activa do Concello de Malpica de Bergantiños.

A competición comezará este sábado coa participación dos clubs Patiart, As Pontes, Oleiros, Maxia, Conxuro, Escola Lubians, Inercia e Lenda. Os horarios de participación serán:

  • De 10.30 horas a 12.30 horas: Nivel 4.
  • De 12.30 horas a 13.00 horas: Nivel 5.
  • De 13.00 horas a 13.30 horas: Nivel 5.

Pola tarde participarán deportistas dos clubs Buxaina, Alquimia, Costa da Morte, Aura, Compañía de María, Axel e Velúa, que competirán co seguinte horario:

  • De 16.00 horas a 16.45 horas: Nivel 4.
  • De 16.45 horas a 17.35 horas: Nivel 5.
  • De 17.35 horas a 18.10 horas: Nivel 6.
  • De 18.10 horas a 18.40 horas: Nivel 7.
  • De 18.40 horas a 18.55 horas: Nivel 8.
  • De 18.55 horas a 19.00 horas: Nivel 9.
13Abr 2022

Andaina Solidaria MALPICA DE BERGANTIÑOS EN MARCHA CONTRA O CANCRO

Unha actividade organizada pola Asociación Española contra o Cancro e o Concello de Malpica.

O vindeiro 24 de abril temos unha andaina con fins solidarios no noso concello.

A saía da mesma será ás 10:30h da mañá dende a praza de Villar Amigo e farase un percorrido por San Antonio, Castelao, Seixas, Ardelerio, Lapachan e o punto final de encontro e na mesma praza do inicio da andaina.

Os camiñantes que desexen participar deben aboar, ao inscribirse, 5€ por adultos, 3€ por nena/o de ata 12 anos. Coa inscricións levas de recordo unha práctica pañoleta.

Os lugares para apuntarse son os seguintes:  LEILOIO: Mª Carmen do Vilar, BUÑO: Casa de Lexi do Correo, CAMBRE: Rosa María, CERQUEDA: U.D. Cerqueda, MALPICA: Jofra- Perruquería Ana Ures y Perruquería Cristal Teléfonos de contacto: Concello (981.720.001), Carmen Teresa (625.117.730) Mª José Veiga (628.094.299) e Mª José Prieto (686983670)

E tamén podes inscribirte na web na seguinte ligazón:  https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/malpica-de-bergantinos-en-marcha-contra-o-cancro?fbclid=IwAR0UAtDGHSzfawlhtmpKssTjdEN3-KqGkF8FPiZHpu4wzZkpHzdUdN1wjzg

13Abr 2022

En marcha a XIV Foliada e Foliadiña de Cerqueda.

Xa queda menos para unha nova edición de música sumada á gastronomía. O evento  levarse a cabo o sábado 23 de abril no local social das Pozacas, en Cerqueda. Ás 19.30 horas comenzará a foliadiña e, ás 21.30 a  foliada.
Os asistentes á celebración poderán degustar as diversas propostas gastronómicas ofrecidas pola asociación consistente en callos, bocadillos e larpeira.  
Unha cita que xa é un referente na comarca e que se consolida ano a ano na que colabora activamente o Concello de Malpica. Non vos perdades esta xuntanza galega, na que a festa estará asegurada. Esperámosvos a todos/as neste encontro organizado pola AC Raigañas Cerqueda.

13Abr 2022

O Concello de Malpica colabora coa iniciativa “Proxecto km 0” que, ao longo de nove etapas, percorrerá a costa.

Unha ruta, organizada polo A.C.D. Salitre, que comezará, o 17 de abril, en Razo e finalizará, o 10 de xullo, en Fisterra.

Os participantes camiñarán máis de 200 quilómetros distribuídos ao longo das distintas quendas que poden chegar a ter un desnivel de 900 metros.

A primeira ruta será o 17 de abril desde Razo a Malpica. Un total de 16,5 quilómetros cun desnivel de 550 metros. A seguinte, o 1 de maio, levará ós participantes de Malpica a Niñóns, cun percorrido de 22 quilómetros e 580 metros de desnivel.

As quendas levaran ós participantes ata: Corme, Laxe, Arou, Camariñas, Muxía, Lires, e finaliza co percorrido entre Lires e Fisterra.

Os interesados deben inscribirse a través do WP: 603 74 17 47 ou remitindo un mail a salitresendeirismo@gmail.com

11Abr 2022

O Concello celebrará a VI edición de “Malpica sabe a mar” no mes de maio

O encontro volverá, tras dous anos parada por mor da pandemia, cun récord de participación

O Concello de Malpica xa está traballando na sexta edición de “Malpica sabe a mar”, que os últimos anos non puido celebrarse por mor da pandemia.

A concellaría de Promoción Económica xa mantivo unha reunión cos hostaleiros do concello para poñer en funcionamento esta nova convocatoria, que será a de maior participación de locais.

Está previsto que se desenvolva no mes de maio, e dada a boa resposta de todos os participantes estase a traballar na sétima edición para o mes de outubro.

“Malpica sabe a mar” e unha ruta de tapas elaboradas con produtos do mar que se celebra desde 2016, con excepción dos anos da pandemia. A Concellería de Promoción Económica e o sector hostaleiro de Malpica unen esforzos para desenvolver unha iniciativa conxunta que enlaza tres sectores fundamentais da economía local: a pesca, a hostalaría e a olaría. Unha acción na que os locais participantes trataran de sorprender á clientela a través exquisitas elaboracións.

Por outra banda, a concellaría de Promoción Económica tamén traballa nunha nova campaña co sector da alimentación, para o impulso do comercio en todas as súas vertentes.

11Abr 2022

O Fogar dos pensionistas de Malpica acolle unha mostra de maquetas de barcos

Os interesados poderán achegarse ata final de mes a visitar as obras asinadas por José Blanco Novo

O local social “Fogar dos pensionistas. Casa do pescador de Malpica” acolle una mostra de maquetas de barcos ata final de mes. Unha mostra desenvolvida grazas a colaboración da Concellaría de Cultura e a Confraría de Pescadores de Malpica.

Os interesados en visitar esta exposición con obras asinadas polo autodidacta malpicán José Blanco Novo, José de Magío, poderán facelo entre as 10.00 horas e as 13.00 horas e as 17.00 horas e as 20.00 horas.

11Abr 2022

O Concello de Malpica oferta un Obradoiro de barro para Semana Santa

As nenas e nenos de entre 3 e 12 anos terán a oportunidade de achegarse a o mundo do modelado do barro no Ecomuseo Forno da Forte

O Concello de Malpica presenta unha nova oferta lúdica para a Semana Santa 2022 a través dun Obradoiro de barro, que se desenvolverá o 14 e o 16 de abril no Ecomuseo Forno do Forte.

Os interesados nesta actividade gratuíta, poderán gozar e coñecer os segredos do moldeado con barro o xoves 14 e o sábado 16 de abril de 16.30 horas a 18.30 horas.

O Concello anima a todos a aproveitar a oportunidade de coñecer de cerca o barro e os seus usos.

11Abr 2022

O Concello de Malpica acolle o 24 de abril a estrea do proxecto de danza contemporánea “Escora”

A representación, que busca visibilizar o traballo artístico das compañías gallegas, acollerá no paseo marítimo “Miña Xoia” de Clara Ferrao e “Alleo” de Colectivo Glovo

O Concello de Malpica acollerá o vindeiro domingo, 24 de abril, a estrea do proxecto de danza contemporánea “Escora”, será no paseo da Praia ás 18.30 horas.
Un encontro único onde se interpretarán Miña Xoia por parte da compañía de Clara Ferrao, e de Alleo de Colectivo Glovo. A representación estará guiada por Marcia Vázquez, coa que unha vez rematada a intervención haberá un encontro para que participen público e artistas.

En caso de choiva o espectáculo será no Centro Cívico de Malpica. Esta convocatoria está englobada dentro do Proxecto Escora e realizase uns días antes da celebración do Día Internacional da Danza, o 29 de abril.

Proxecto Escora
Escora preséntase como punto de encontro para as artes escénicas, a danza, a paisaxe, o patrimonio, a lingua e a comunidade. Esta iniciativa tamén se levará a cabo en Fisterra, Muxía, Camariñas, Laxe e Caión.

Os espazos saen dos escenarios convencionais, dando a oportunidade de achegar a otros espazos e aproximando a danza aos máis diversos públicos. O proxecto da Deputación busca visibilizar o traballo artístico das compañías galegas, con accións de proximidade que presentan unha oportunidade de achegar a danza a espazos pouco habituais para esta
disciplina artística.

11Abr 2022

O Concello de Malpica forma no uso de desfibriladores ós traballadores de entidades deportivas municipais

Estes aparellos están no pavillón municipal e os campos de fútbol de Pedra Queimada, Xaviña, e desde o venres no da Feira Nova

O Concello de Malpica, a través do departamento de Deportes, realizou cursos de formación en primeiros auxilios para os traballadores do pavillón municipal e das instalacións municipais.

Así, os asistentes ás instrucións desenvolvidas recibiron os coñecementos para enfrontarse a situación de emerxencia nas que, ademáis, é preciso facer uso dos aparellos desfibriladores que teñen a súa disposición.

Actualmente os centros deportivos de Malpica que contan con estes aparellos son o pavillón Municipal, e os campos de fútbol de Pedra Queimada, e de Xaviña. E, desde venres tamén no da Feira Nova.

É preciso lembrar que aínda que o uso dos desfibriladores é sinxelo, é importante ter os coñecementos para que os resultados sexan óptimos. Estes dispositivos subministran descargas ao corazón a través da parede torácica, e os sensores que conten analizan o ritmo cardíaco que indican cando é preciso proceder á descarga e o nivel de intensidade.

Coa instalación dos aparatos, así como as formacións que o Concello facilita, os traballadores poderán afrontar mellor posibles situacións de emerxencia sanitaria cun resultado satisfactorio.

Página 29 de 153« Primera...1020...2728293031...405060...Última »