Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 19°
16°
Mércores 20°
14°
Xoves 20°
15°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE

ACTUALIDADE

21Mai 2024

Olga Rodríguez presentou a súa obra literaria “As Crebas da Memoria” no IES Urbano Lugrís

Olga Rodríguez presentou a súa obra “As crebas da memoria” no IES Urbano Lugrís. A obra está formada por 35 historias nas que a autora recolle o patrimonio cultura e inmaterial de Malpica e doutras zonas da comarca de Bergantiños. A presentación literaria tamén supuxo un emotivo reencontro con alguns dos antigos alumnos e alumnas da autora.

Noelia Freijeiro, Concelleira de Educación, salientou o traballo da autora por recoller nesta obra o patrimonio cultural e inmaterial de Malpica.

20Mai 2024

Malpica acollerá o vindeiro venres unha nova edición do Día do Ritmo

O evento reuinirá máis de 200 deportistas de diferentes localidades

O Día do Ritmo de Malpica segue consolidándose como unha cita de éxito na nosa localidade. Máis de 240 deportistas de Malpica, Ponteceso, Cabana e Laxe amosarán sobre a pista os coñecementos deportivos adquiridos nos últimos anos. Os deportistas comezarán as súas exhibicións de patinaxe e de ximnasia rítmica ás 18.00 horas no pavillón Municipal de Malpica. A entrada é libre.
Dende o Concello de Malpica seguimos apostando durante todo o ano por fomentar as actividades deportivas e a Concellería de Deportes xa está a preparar a programación do verán.

10Mai 2024

Iniciado el curso de ‘Coidados compartidos’: ayuda esencial para cuidadores de personascon demencia neurodegenerativa

Ayer comenzó el curso formativo “Cuidados Compartidos”, dirigido a personas cuidadoras de personas con demencia neurodegenerativa. En la jornada de inicio se acercaron el presidente de Afaber, Jesús Villar, el alcalde de Malpica, Eduardo Parga, y la concejala de Servicios Sociales, Marisol Blanco Gorín.

El curso se imparte los miércoles 8, 15, 22 y 29 de mayo de 16.00 a 18.00 horas, en el CAT (antiguo Centro Comarcal) de Buño.

10Mai 2024

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, Malpica celebrará a “II Ruada Nun Mar de Letras”

A concelleira de Cultura de Malpica organiza para o Día das Letras Galegas a “II Ruada nun Mar de Letras”.

O evento levarase a cabo o día 17 de maio a partir das 20.30 horas no Parque Luciano García Alén. ACD Carcaxía, o Grupo de Música AC Raigañas, Xisco Feijoó e Paracetaflok actuarán durante todo o serán.

Colabora: Deputación da Coruña (Rede Cultural 2024), ACD Carcaxía, AC Raigañas e ASCV O Quinteiro Buño. Se as inclemencias metereolóxicas son adversas o evento trasladarase ao Salón de Actos do CAT.

10Mai 2024

Corte de luz en todo o término municipal de Malpica os días 14 e 15 de maio dende as 00:00 ata as 04.00

A empresa encargada da subministración eléctrica realizará traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona. Os traballos realizaranse os próximos días 14 e 15 de maio de 2024, de 0:00 a 4:00 horas, o que poden provocar interrupcións na súa subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo. Os cortes afectarán a todo o termo municipal. Desculpade as molestias que estos traballos poidan ocasionar.

10Mai 2024

Aberto o prazo de inscrición dos Campamentos Deportivos da Deputación da Coruña

Aberto de inscrición para os campamentos deportivos da Deputación da Coruña deste verán, destinados a nenos/as empadroados/as en Malpica, nacidos entre o 1 de xaneiro do 2010 e o 31 de decembro de 2015.

As persoas interesadas terán ata o 28 de maio para facer as inscricións. As inscricións das persoas participantes realizaranse no rexistro do concello de Malpica.

Dende o día 29 de maio ata o día 31 de maio farase o sorteo das prazas. Terán prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran ás campañas de verán. No suposto de ter máis solicitudes que números de prazas concedidas pola Deputación, realizare un sorteo público diante do secretario/a do concello para adxudicarla.

Podes obter toda a información na seguinte ligazón

Campamentos deportivos (dacoruna.gal)

9Mai 2024

Iniciado o curso ‘Coidados Compartidos’: Axuda Esencial para Coidadores de Persoas con demencia neurodexenerativa

Hoxe deu comezo ao curso formativo “Coidados Compartidos” dirixido a persoas coidadoras de persoas cunha demencia neurodexenerativa. Á xornada de inicio achegáronse o presidente de Afaber, Jesús Villar, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga e a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín.

O curso impártese os mércores 8, 15, 22 e 29 de maio de 16.00 a 18.00 horas, no Cat (o antigo Centro Comarcal), en Buño.

9Mai 2024

Presentación de “Masaxe con Argán Mal Pronunciada” el viernes 11 de maio na Casa do Pescador

O poemario “Masaxe Con Argán Mal Pronunciada” de Clara Vidal, gañador do XVIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, será presentado o vindeiro sábado 11 de maio, ás 19.00 horas, no 1º andar da Casa do Pescador.

No acto intervirán membros da Editorial Caldeirón e Clara Vidal. Sen dúbida un acto que non debes perderte.

Presentación organizada pola A.C. Caldeirón e colabora oConcello de Malpica de Bergantiños no marco do programa “Malpica nun mar de letras”.

7Mai 2024

A bandeira azul volverá ondear na praia de Area Maior, en Malpica de Bergantiños

O areal recupera este galardón, que é concedido pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) e recoñece a súa calidade ambientalA bandeira azul volverá ondear este ano na praia de Area Maior, en Malpica de Bergantiños. O distintivo é concedido pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) e recoñece a calidade ambiental deste areal, que recupera a súa posición entre os areais galegos galardoados.Entre os criterios establecidos pola entidade están a calidade da auga, a seguridade e accesibilidade, a dotación de servizos e a xestión ambiental e de sustentabilidade.

O alcalde, Eduardo Parga, subliñou que é “todo un orgullo ver como a bandeira azul volve ondear nesta praia, xa que é un distintivo moi importante que pon en valor a calidade do areal e un gran atractivo turístico”.Ademais, o rexedor destacou “o traballo realizado ao longo de todo o ano para recuperar este distintivo e volver estar entre os galardoados pola ADEAC”.

Cabe destacar o traballo realizado durante todo o ano pola Concellería de Medioambiente que dirixe Roi Rodrígo Mato. Por último, Parga convidou “a todos e todas a gozar das nosas praias, que son dunha beleza única e excepcional”.

Página 3 de 15312345...102030...Última »