Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 19°
16°
Mércores 20°
14°
Xoves 20°
15°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Malpica presenta a XIX edición do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

12Xul 2024

Malpica presenta a XIX edición do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

Hoxe, no Concello de Malpica, presentouse a XIX edición do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, un evento que continúa consolidándose como unha referencia na cultura galega. A presentación estivo a cargo de Emma Abella e Eduardo Parga, alcalde de Malpica. Á evento tamén asistiu a concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro, y Paco de Tano, presidente da Asociación Caldeirón.

A Asociación Cultural Caldeirón, en colaboración co Concello de Malpica de Bergantiños, convoca unha vez máis este certame poético, invitando a autores e autoras de calquera nacionalidade a participar con obras inéditas de temática erótica, escritas en lingua galega. Este certame, xa unha tradición no panorama literario, busca promover e celebrar a poesía erótica en galego.

O premio para esta XIX edición será de 1.500 euros e a publicación da obra gañadora na colección Illas Sisargas da Editorial Caldeirón, que contará cunha primeira edición de 400 exemplares. O autor ou autora premiada recibirá, ademais, 15 exemplares da súa obra.

Os interesados en participar deberán enviar os seus textos en formato PDF ao correo electrónico premio@caldeiron.org antes do 15 de setembro de 2024. O xurado, composto por tres persoas propostas polo Concello de Malpica, a A.C. Caldeirón e o gañador da edición anterior, dará a coñecer a súa decisión en novembro de 2024 durante a Cea das Letras.

Este certame reafirma a Malpica como un lugar de referencia para a cultura galega, destacando a importancia da poesía erótica na diversidade literaria de Galicia. Para máis información, os interesados poden visitar a páxina oficial do Concello de Malpica.

As bases do premio podes descargalas aquí: