Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 22°
18°
Venres 22°
18°
Sábado 21°
18°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello de Malpica lanza por segundo ano un servizo de fisioterapia gratuíta para persoas con dependencia recoñecida

16Ago 2024

O Concello de Malpica lanza por segundo ano un servizo de fisioterapia gratuíta para persoas con dependencia recoñecida

O prazo para inscribirse comeza o 20 de agosto

A concellería de Servizos Sociais, consciente da necesidade imperante que teñen as persoas con dependencia recoñecida, continúa co seu compromiso ao poñer en marcha por segundo ano consecutivo un servizo pioneiro na Costa da Morte: un servizo de fisioterapia gratuíto para persoas con dependencia recoñecida.

“A prioridade para min sempre son as persoas que máis o precisan e sempre estamos a traballar para dar aos nosos veciños e veciñas unha boa calidade de vida”, indicou Marisol Blanco.

O alcalde, Eduardo Parga, puntualizou que este servizo de fisioterapia gratuíta “é fundamental para mellorar a calidade de vida das persoas con dependencia de Malpica, polo que seguiremos apostando por este servizo no futuro.”

Este servizo de fisioterapia gratuíta, que xa foi un éxito no seu primeiro ano, está financiado co POS adicional 1/2024 da Deputación da Coruña. As persoas interesadas poden obter máis información no departamento de servizos sociais ou chamando ao 981720280. As inscricións estarán abertas a partir do 20 de agosto.