Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 20°
17°
Xoves 20°
16°
Venres 21°
16°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Un mural mariñeiro adorna o paseo da praia de Malpica

2Ago 2024

Un mural mariñeiro adorna o paseo da praia de Malpica


O concello de Malpica suma un novo atractivo no paseo da praia grazas ao mural realizado na actividade “Pintar na Rúa 2024”, parte do programa de verán da concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes. Durante a primeira quincena de xullo, 27 nenas e nenos, divididos en dous grupos, traballaron coa monitora Rakele Cavallo na creación da obra.
O mural, de temática mariñeira, ten como protagonista central un polbo e inclúe as letras “Malpica” pintadas nos bancos do paseo, contribuíndo a crear unha estética que reflicte a esencia de Malpica.

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, felicitou aos pequenos artistas polo seu fantástico traballo e agradeceu á pintora a súa implicación e dedicación coas crianzas. Tamén asistiron os concelleiros Noelia Freijeiro e Miguel Ángel Fernández, que afirmaron seguir fomentando a creatividade e a participación infantil na vida cultural de Malpica.

Esta obra representa un recordo especial para os nenos e nenas que participaron, deixando a súa pegada nun dos espazos máis emblemáticos de Malpica.