Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 20°
17°
Xoves 20°
16°
Venres 21°
16°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Malpica de Bergantiños celebra a Festa Galega do 15 ao 17 de agosto

10Ago 2024

Malpica de Bergantiños celebra a Festa Galega do 15 ao 17 de agosto

Malpica de Bergantiños ven de presentar a programación da  Festa Galega, que terá lugar do 15 ao 17 de agosto de 2024. 

O xoves 15, a festa comezará cun pasarrúas da man dos gaiteiros de Falso Escuadro, enchendo de sons tradicionais as rúas de Malpica.

O venres 16, a Atlantic Big Band tomará as rúas cun novo pasarrúas, antes de que Mediarea, Budiño, Pablo Balseiro e a Bervenian Orquestra suban ao escenario a partir das 22:15 para ofrecer unha noite de concertos.

O sábado 17, a festa continuará cunha nova sesión da Atlantic Big Band, seguida das actuacións de Carcaxía, Do Rivés, Sheila-Patricia e Os Carunchos, que pecharán a celebración.

Esta cita está organizada pola concellería de Turismo do  Concello de Malpica en colaboración coa Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.

Xoves 15 de agosto:

  • Pasarrúas con gaiteiros de Falso Escuadro.

Venres 16 de agosto:

  • Pasarrúas con Atlantic Big Band.
  • 22:15 – Mediarea.
  • 23:30 – Budiño.
  • 01:15 – Pablo Balseiro e Bervenian Orquestra.

Sábado 17 de agosto:

  • Pasarrúas con Atlantic Big Band.
  • 22:00 – Carcaxía.
  • 22:45 – Do Rivés.
  • 23:30 – Sheila – Patricia.
  • 01:00 – Os Carunchos.