O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, asistiu esta tarde, á inauguración do supermercado Eroski grupo Vegalsa, en Cerqueda.
![](https://www.concellomalpica.com/wp-content/uploads/2023/09/WhatsApp-Image-2023-09-20-at-21.42.02-2-1024x485.jpeg)
As irmás Irene e Sonia Ordoñez, con esta nova aposta, toman o relevo xeracional dun supermercado que levaba 34 anos funcionado da man dos seus pais Carmen e Basilio. No evento tamén estivo presente Pedro Súarez, Director de Expansión e Franciquia de Vegalsa – Eroski City, e o párroco, Don Manuel García Souto, que foi o encargado de bendicir o novo establecemento. O rexedor deulle os parabéns á familia Ordóñez por emprender esta iniciativa e con ela seguir contribuíndo a crear emprego e dar servizo aos veciños/as de Malpica. Na súa intervención Parga engadiu que «sempre é grato participar neste tipo de eventos que axuda a impulsar a economía da nosa vila. Espero que a creación deste supermercado sexa do agrado dos veciños/as e desexo que as irmás Ordoñez teñan o éxito que merecen para poder perdurar no tempo».
![](https://www.concellomalpica.com/wp-content/uploads/2023/09/WhatsApp-Image-2023-09-20-at-21.42.02-1-1024x485.jpeg)
![](https://www.concellomalpica.com/wp-content/uploads/2023/09/WhatsApp-Image-2023-09-20-at-21.42.02-1024x485.jpeg)
![](https://www.concellomalpica.com/wp-content/uploads/2023/09/WhatsApp-Image-2023-09-20-at-21.42.03-1024x485.jpeg)