Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 19°
16°
Mércores 20°
14°
Xoves 20°
15°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Volven as visitas teatralizadas para coñecer a historia da vida no Forno do Forte

10Xul 2024

Volven as visitas teatralizadas para coñecer a historia da vida no Forno do Forte

O Ecomuseo Forno do Forte de Malpica acolle un ano máis visitas teatralizadas baixo o título “Ao principio había barro”. Estas actividades están dirixidas a todos os públicos e son de balde, sen necesidade de inscrición previa.
As datas das visitas son:

Sábado, 13 de xullo ás 12:00h

Sábado, 27 de xullo ás 12:00h

Sábado, 17 de agosto ás 12:00h

Sábado, 31 de agosto ás 12:00h


Os participantes poderán gozar dunha experiencia única onde a historia e a tradición do Forno do Forte cobran vida a través da teatralización.
Sinopse:

A chegada dunha visitante (Lola) ao ecomuseo forno do forte vai romper coa tranquilidade do guía do museo (Carlos). Lola ven buscando respostas a todo canto ten escrito nun caderno, que segundo ela, levan escribindo dende o principio dos tempos os seus antepasados. A incredulidade de Carlos e as intencións de Lola, desembocarán nunha viaxe no tempo, grazas ás “propiedades máxicas” da boca do forno.
Desta vez, a visita teatralizada do ecomuseo forno do forte, convídanos a unha viaxe ao Buño primitivo, preto dos Barreiros, as orixes, pero tamén un chisco máis atrás, ao momento no que naceu a historia do barro e a humanidade.

A obra está escrita por Susana Crespo e conta coas interpretacións de Raquel Crespo no papel de Lola e Yago Espasandín como Carlos.

Esta iniciativa está organizada polo Concello de Malpica a través da súa Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.